vigo2015xullo2011Gran actuación dos equipos do E.D. Vigo 2015 esta fin de semana na celebración do I Torneo Eon de Burela que tivo lugar os dias 1,2 e 3 de xullo nas localidades de Foz, Burela e San Cibrián, onde se deron cita as mellores canteiras nacionais do fútbol sala.

Os equipos infantís e cadetes eliminaron ambos ao Caja Segovia, o favorito da competición quedando finalmente 3º e 2º clasificados respectivamente, perdendo este último a final moi axustada por 3-2 ante o equipo madrileño de Las Rozas Boadilla. Os benjamines que tambien participaron quedaron 3º clasificados.

Pola súa banda o xogador cadete do E.D. Vigo 2015 Samuel quedou maximo goleador do Torneo ademas de outorgarlle os adestradores rivais o Trofeo ao Mellor xogador do Torneo.