Cabecera Vide

Vitoria do EDVigo2015 na Liga Galega de Fútbol Sala de Infantís

Bo partido o que viron os aproximadamente 100 afeccionados que asistiron ao primeiro partido do E.D.Vigo2015 na primeira xornada da Liga Galega de Infantís.

O resultado final foi de 3-2 a favor dos locais. O primeiro tempo finalizou co resultado de 2-0.

Polo E.D.VIGO2015 xogaron: Alberto-Porteiro-Brais, Jandro, Nacho e Marco-cinco incial- Xian, Oscar, Alex e Alberto Ros. Con Fabio Athayme como adestrador e Enrique Fernández como delegado.

A primeira parte o dominio do equipo vigués, podendo aumentar a vantaxe nunhas cantas ocasións, na segunda parte xa foi máis igualada chegando a empatar o equipo de O Barco de Valdeorras e a falta de 2:45 para o final conseguiuse o 3-2 definitivo.