Concello de Vigo    

Cabeceira Vide
ed-vigo-2015webO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe a un grupo de deportistas que lograron éxitos relevantes a nivel nacional e mundial para a cidade.

Taekwondo, esgrima e fútbol sala son os tres deportes que este mesmo mes brillaron con luz propia e o Concello quixo facer ver ás entidades e aos protagonistas que está moi próximo aos seus logros.

Laura Lorenzo (Universidade de Vigo, taekwondo), Laura Caballero (El Olivo, esgrima) e o equipo alevín Escuela Deportiva Vigo 2015 (fútbol sala) acudiron a Alcaldía para recibir a felicitación persoal do alcalde, que definiu como "magníficos" os resultados colleitados por os e as deportistas.

Caballero conversou primeiro cos nenos do E.D. Vigo, interesándose polos seus resultados (este ano foron campións de Vigo, de Pontevedra e de Galicia, gañando 5-4 ao Barval) e pola fase final do Campionato de España de fútbol sala, en Almería, onde acabaron como subcampións. "Pódese dicir que sodes uns grandes campións", indicoulles. Porque para el, chegar á final "é todo un éxito". O presidente do club, Francisco Fernández, explicou que a entidade, con trece equipos de base en fútbol sala e fútbol 7, ten convenios co Real Club Celta e co Lobelle de Santiago (fútbol sala).

O alcalde tamén felicitou a Laura Lorenzo e Laura Caballero. Para Lorenzo era a segunda visita á Alcaldía en poucos meses, pois este ano foi de títulos. "Xa sei que o gañas todo", dixo o primeiro edil, que preguntou a idade da taekwondista (22) e a da esgrimista (14), dous deportes olímpicos. "Estamos encantados cos vosos resultados", dixo.

Lorenzo foi bronce no Mundial universitario, e acudiu ao Concello acompañada pola presidenta da Federación Galega, de Taekwondo Mercé Barrientos, o seu adestrador no Ximnasio Tao, Miguel Meilán, e por Álex Sanjorge, técnico do servizo de Deportes da Universidade de Vigo, pois a deportista acudiu ao Campionato do Mundo universitario de Pocheon (Corea do Sur) como estudante da Universidade de Vigo. Lorenzo e Sanjorge entregaron ao alcalde unha foto dedicada da medallista durante a súa estancia en Asia. De feito, un dos momentos máis emotivos do encontro foi cando Laura Caballero, tamén campioa de España universitaria, fixo referencia á súa medalla mundial, que arrincou o aplauso espontáneo de deportistas, directivos e pais e nais presentes.

1340294229recepcionPara rematar, Abel Caballero tamén charlou coa campioa de España infantil en florete. Para o club Esgrima El Olivo esta foi "unha tempada redonda", segundo explicou un directivo da entidade, pois dominaron en España a nivel individual e de equipo en varias categorías grazas a Laura Caballero, Judith Rodríguez, Irene Romero e María Mariño. Barcelona e Madrid eran as cidades punteiras nesta modalidade, e agora Vigo failles sombra.

O alcalde lembrou aos presentes que a intención do seu goberno municipal é seguir mellorando o apoio ao deporte de base.