Gran actuación dos xuvenis do Vigo 2015

Imprimir

Vigo_2015Despois  de conseguir o título nacional alevín en Torrevieja (Alicante), o E.D. Vigo 2015 afrontou esta fin de semana en León o seu segundo Campionato de España de fútbol sala nesta tempada. O equipo xuvenil estaba composto por Manu e Javier como porteiros, e coma xogadores de campo: Modesto, Xoan, Tomas, Huarte, Mario, Miguel, Kike, Juan, Brais e o capitán Ángel. Como adestrador Lucas Fernández e Javi Hernández como axudante.

No primeiro partido, o equipo vigués empatou a un gol ante o Madroñeras Campión de Cáceres, nun complicado partido despois dunha dura viaxe. Xa no segundo partido, os vigueses xa mais descansados, venceron ao E.D.Tierno Galván por 2-0. Con este resultado xogaban o título ante o equipo andaluz do Xerez 93, nun partido que estivo controlado ata o minuto 15 da primeira parte con 1-1 no marcador, pero xa con 5 faltas acumuladas chegou o primeiro dobre penalti que puxo por diante aos xerezanos, un pequeno desconcerto nos últimos minutos da primeira parte fixo que o Xerez se fose ao descanso con 4-1, coa mala sorte que nada mais empezar púxose 5-1 e complicaba o partido aos vigueses. Arriscando con porteiro xogador ata o final, que acabaría co resultado de 10-3 a favor do conxunto andaluz, que moi merecidamente fíxose co Campionato de España.

XORNADA DE CAPTACION

Hoxe, dende as 18:30 h., o equipo vigués realizará unha xornada de captación de xogadores nacidos nos años 1999 ata o 1995 para os equipos cadete autonómico e xuvenil de Liga Nacional, que debutará a próxima campaña todos aqueles que queiran adestrar téñense que presentar no Frontón das Travesas con roupa de xogo, ou chamar o teléfono 886 138 535 onde se lles informará.