Cabecera Vide

O gardameta vigués, Alberto Fernández, comeza a pretempada co Santiago Futsal da primeira división de fútbol sala

alberto_fernandezCon solo 17 anos e sendo xuvenil aínda, o meta vigués Alberto Fernández empezou a pretempada co equipo da Primeira Division Nacional de Futbol Sala, Santiago Futsal. O xogador vigués chegou ao Santiago froito do convenio que mantén o club compostelano co E.D. Vigo 2015, club ao que ademais de Alberto se incorporaron os xogadores Samuel, e esta tempada Kike.  

 

O conxunto da nosa cidade que esta tempada terá o seu máximo expoñente no xuvenil da liga nacional, converteuse nunha das primeiras canteiras nacionais do panorama do futbol sala español.

O mister Santi Valladares apostou polo meta vigues e inclúiuno sorprendentemente na convocatoria para realizar a pretempada que se realizará nas instalacións do Gansa Nova Manzaneda ata o proximo sábado, onde viaxarán ao Concello de Trabada para disputar o primeiro amigable da pretempada entre o Santiago Futsal e o Burela Pescados Rubén.