Abel Caballero e Manel Fernández, felicitaron ao Vigo 2015, mellor club galego de 2012 para a Federación Galega de Fútbol Sala

Imprimir

vigo2015_manelO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente de VIDE e Concelleiro de Deportes, Manel Fernández,  recibiron onte aos deportistas e responsables do EDVigo2015, designado pola Federación Galega de Fútbol Sala como o mellor club de Galicia no pasado ano. Caballero eloxiou a laboura da cidade de Vigo co deporte de base, "á altura das mellores de España".

O EDVigo 2015 vén de proclamarse campión da liga autonómica xuvenil 2013, subcampión de España 2013 na mesma categoría e campión de España 2013 en alevíns. Abel Caballero trasladoulles a súa felicitación e indicou que "creo que en Vigo estamos sendo quen de desenvolver unha fase moi activa de deporte de base, seguramente como ningunha outra cidade de Galicia e á altura das mellores de España".