O porteiro vigués Alberto Fernández, convocado co Santiago Futsal

Imprimir

albertoO ex porteiro do E.D. Vigo 2015, Alberto Fernández, foi convocado por Santi Valladares para o partido de a Primeira División Nacional, substituíndo o porteiro da selección español e actualmente gardameta santiagués, Juanjo. Alberto de 17 anos, aínda xuvenil é a súa segunda convocatoria esta tempada, despois de facer a pretempada co conxunto compostelano, debutou en convocatoria a primeira xornada de liga ante o Azkar Lugo.

Horas despois do seu compromiso de Copa do Rei ante Segovia Futsal o Santiago Futsal puso rumbo a terras alcalaínas, para disputar a décima xornada de liga ante o actual líder da clasificación, o Inter Movistar, que suma 22 puntos tras disputar oito partidos nos que solo cedeu un empate ante o FC Barcelona Alusport.

Os santiagueses chegan a esta xornada en quinta posición con 17 puntos e con solo unha derrota en oito partidos, ante Montesinos Jumilla a domicilio. O resto son 5 vitorias e 2 empates, tamén a domicilio.

O espectáculo está garantido neste partidazo, que non deixou a ninguén indiferente nos seus últimos enfrontamentos. A tempada pasada, o Santiago Futsal deu a campanada no Multiúsos vencendo 5-1 aos de Jesús Velasco, mentres que no Caixa Madrid, os alcalaínos venceron 6-2. Os santiagueses só conseguiron unha vitoria a domicilio ante Inter Movistar en Liga, na tempada 2005/2006, onde venceron 1-4.

O encontro entre Inter Movistar e Santiago Futsal será hoxe venres ás 20,30h dende o Pavillón Caixa Madrid.

Seleccións galegas

O propio porteiro Alberto mais o outro ex Vigo 2015, Samuel, acompañarán aos tamén xogadores do club vigues Nave e Angel na convocatoria que a selección galega SUB-19 disputará en Santiago o próximo luns en Santa Isabel.

Ademais destes xogadores outros dous membros do E.D. Vigo 2015 nesta ocasión o porteiro Samuel Suffern e o peche Fernando tamén están convocados para un adestramento este venres tamén en Santiago nesta ocasión coa selección galega sub-16.