O vigués Alberto Fernández suple ao internacional Juanjo no Santiago Futsal de fútbol sala

Imprimir

alberto_fernandezO porteiro xuvenil Alberto Fernández, ex xogador do E.D.Vigo2015, substituirá ao porteiro internacional Juanjo, no partido de Primeira División de fútbol sala que xogará o Santiago Futsal ante o Inter Movistar, este venres ás 21:00 h. no Multiúsos Fonte do Sar en Santiago de Compostela.

Ésta é a terceira convocatoria do xuvenil Alberto na Liga, o primeiro deles foi ante o Azkar Lugo e o segundo en Madrid ante o propio inter.

Alberto, aínda con 18 anos, ten ficha de xuvenil e xa fixo a pretempada co primeiro equipo, ademais de debutar en competición oficial co Santiago na Copa Xunta.

Ademais desta cita, a próxima fin de semana está convocado pola Selección Galega para a final do Campionato de España xuvenil de seleccións en Santa Coloma de Gramanet, os días 29 e 30 de Marzo, xunto ao outro ex xogador do Vigo2015, Samuel.