Torneo Internacional Cidade de Lugo

Imprimir

2fase-dom2A falta dun partido para a finalización da primeira fase, o E.D.VIGO2015 é o primeiro semifinalista despois de vencer nos 2 primeiros partidos. O primeiro ao O Parrulo de O Ferrol por 3-2 e o segundo partido ao Mare Nostrum de la Coruña por 5-3 despois de empezar perdendo por 0-2. O último partido de grupo será ante o Troula que leva 0 puntos no Grupo. Haberá que esperar aos cruzamentos para ver o rival, un dos favoritos é o Azkar Lugo que lidera o primeiro grupo.

Por 4º ano consecutivo o equipo vigués logrou meter en semifinais os seus equipos. É o único equipo que logrou levar ao Torneo a 7 equipos e os 7 foron clasificados para semifinais, un feito que confirma o E.D.VIGO2015 como unha das mellores canteiras nacionais.