Vitoria do Vigo2015 na Liga Galega de Infantís de fútbol sala

Imprimir

vigo20158.1.10Gran partido o realizado polo E.D.VIGO2015 ante o O Parrulo de O Ferrol en partido aprazado da Liga Galega de Infantís de fútbol sala, ante un bo rival que practica un bo fútbol sala, pero a superioridade física dos vigueses foi determinante. O mister Fabio rotou a todos os xogadores durante todo o partido debido á súa intensidade.

Polo E.D.VIGO2015 xogaron: Alberto Fedz, Jandro(3), Samu(3), Xian e Huarte-cinco inicial- Nacho, Marco(2), Yago, Brais(1) e Kike.

Destacar a grande entrada rexistrada na pista vermella das travesas que contou con numerosos afeccionados que se desprazaron do Ferrol.

Os vigueses seguen 2º clasificados por detrás do Azkar que comanda a clasificación sen perder partido. O próximo rival do E.D.VIGO2015 é o Narón, cuarto clasificado.

E.D. VIGO2015  9
O PARRULO  2