Liga Galega de Fútbol Sala

Imprimir

Este sábado ás 20 horas disputarase no Pavillón Muncipal de Teis o partido entre o E.D.VIGO2015 e o Concello de Narón, segundo e terceiro clasificado na Liga Galega de fútbol sala de infantís, na penúltima xornada da primeira volta. Os vigueses queren gañar para seguir pisandole os talóns ao Azkar Lugo primeiro clasificado a 3 puntos do E.D.VIGO2015 e seguir premendo os lucenses á espera dun fallo destes.

Para este partido o mister Fabio Athaymade espera contar con todos os seus xogadores, dada a importancia do choque e o moito que se xoga no, polo que tambien se pide a asistencia de todos os afeccionados que veñen seguindo o equipo.