Cabecera Vide

O Vigo2015 xoga en Viana

Este sábado o equipo do E.D.VIGO2015 viaxa a Viana do Bolo para disputar o primeiro partido da 2º volta da Liga galega de infantís, onde marcha empatado a puntos na primeira posición co AZKAR LUGO. O partido disputarase ás 17:30 horas no Pavillón Municipal de Viana do Birlo ante o equipo valdeorres de Barval, debido a que en elPabellon de Calabagueiros en O Barco se celebra a tradicional festa do botillo.

O Barval é actualmente o 3º clasificado e un dos equipos que lle puxo as cousas máis dificiles aos vigueses xa que no partido da 1ª volta soamente puido gañar por un apretadisimo 3-2, polo que a preveé un gran partido. Nesta ocasión o E.D.VIGO2015 ten a baixa do seu mister Fabio Athaymade, xa que á mesma hora terá que xogar o partido de Primeira Nacional co seu equipo ante o Hnos. Barbeito.

TRES XOGADORES DO E.D.VIGO2015 INFANTIL Á SELECCIÓN GALEGA

En seleccionador galego Ivan Garcia convocou a 3 xogadores do E.D.VIGO2015 para o adestramento que tendra lugar o próximo martes ás 16:45 horas no Pavillón de Restollal en Santiago de Compostela de cara ao Campionato de España de Selecciones Autonómicas que este ano terá lugar en Mágala. Os xogadores convocados son o porteiro Alberto e como xogadores de campo Xian e Samuel.