Cabecera Vide

O E.D.Vigo2015 lidera a liga galega despois de vencer o 3º clasificado por 1-6

Este sábado o equipo do E.D.VIGO2015 viaxou a Viana do Birlo para disputar o primeiro partido da 2º volta da Liga galega de infantís.

O partido disputouse no Pavillón Municipal de Viana do Birlo ante o equipo Valdeorres de Barval, debido a que no Pavillón de Calabagueiros en O Barco celebrouse a tradicional festa do botillo.

A pesar de viaxar coas baixas de Marco, Kike, Borja e Huarte, o equipo vigués plantou cara o equipo orensano cunha grande defensa na primeira parte e que soamente os fallos na culminación das xogadas de ataque non deixaron que o resultado fose máis amplo que o 1-2 co que se chegou ao descanso. Xa na 2º parte os vigueses saíron a intentar romper o partido e así foi nos 10 primeiros minutos púxose con 1-4 no marcador, a pesar da diferenza seguiuse cunha formulación ofensivo lonxe de defender a diferenza, o que levou a finalizar o partido con 1-6. Os goles foron obra de Xian-3- e Samu-3-

Con esta vitoria o E.D.VIGO2015 lidera a liga galega de fútbol sala, empatado a puntos co Azkar Lugo. A próxima xornada visita Vigo o Burela, espera todo o apoio do público a animar ao equipo que está a facer unha grande tempada no seu primeiro ano na Liga Galega.