RE VIGO2015 JUVENILO Academia RedBlue VIGO2015, como campión do Grupo 1 de División de Honra Nacional xuvenil (composto na súa totalidade por equipos da comunidade galega), inicia o próximo sábado, a partir das 11:30 da mañá, a súa andaina na fase final de pa XIII Copa de España xuvenil.

O sorteo deparou en cuartos de final o seu emparellamento co campión da zona de Levante, o S.D. O Pilar de Valencia. Polo tanto, toca longo desprazamento que levará a varios dos seus xogadores a viaxar toda a noite, debido ás súas obrigas escolares, co que chegarán á capital levantina pouco antes do inicio do partido.

Para esta eliminatoria Lucas Fernández conta con todos os compoñentes do equipo, a excepción de Huarte que ten molestias nun pé e será dúbida ata última hora; tamén é baixo o cadete Alex Fernández, que non viaxa por motivos familiares. Samuel, Moi e Yago viaxan como porteiros mentres Fernando, Antón, Santi, Míguez, Garrido, Alex Lión, Pedro e o cadete Álvaro serán os xogadores de campo, aos que se sumaría Huarte se se recupera da lesión.

Para o Vigo2015 representou xa todo un éxito a consecución do campionato, cun equipo moi novo conformado maioritariamente con xogadores de 1er e 2º ano e de cadetes, polo que a participación nesta fase final significa un plus aos obxectivos da tempada.

En caso de superar esta eliminatoria de cuartos, enfrontaríanse na final a catro ao vencedor do Corazonistas - Aljúcer El Pozo os días 4 e 5 do mes de xuño e nunha sede aínda por decidir.