vigo2015 ValenciaOs Xuvenís do Academia RedBlue VIGO2015 non superaron a eliminatoria de cuartos de final da XIII Copa de España. Tras finalizar 3-3 no tempo regulamentario, igualando un parcial de 3-0, un castigo de dobre-penalti que os árbitros sancionaron nunha contra dos vigueses a falta de 1,40 para finalizar a prórroga, que supuxo o 4-3, e a expulsión nesa xogada de Pedro condicionou o resultado final da eliminatoria.

Lucas dispuxo un quinteto inicial formado por Samu; Antón, Fernando, Garrido e Pedro. Completaron convocatoria Moi, Yago, Santi, Alex, Álvaro, Huarte e Míguez.

Primeira parte de dominio alterno e moi disputada, na que ao xogo de ataque dos vigueses, respondían os locais con perigosas contras. Primeira ocasión para Pedro que acabou cun tiro ao pau, co equipo levando a iniciativa pero sen lograr concretar e fallando tamén un un contra un. Grazas a o seu rápido contras, os locais poñen por diante no electrónico cun 3-0 preocupante. A falta de 3 minutos, Antón aproveita un balón ao 2º pau para acurtar distancias e Pedro, a saque de falta, achega ao electrónico o 3-2 case á conclusión do primeiro período.

A segunda parte foi de dominio absoluto dos vigueses, con varios tiros aos paus e xogadas dun contra un que non lograron culminar ata que a falta de minuto e medio, Fer logra conectar un zurdazo que supón o 3-3. Puídose sentenciar a eliminatoria no tramo final xa que tanto Santi como Huarte estiveron a punto de marcar.

A grande intensidade do choque causou efecto nalgúns dos RedBlue e tanto Santi como Garrido non finalizaron o partido por problemas físicos así como Huarte, tocado durante a semana, que tivo que retirarse na prórroga.

A calidade existente no equipo fixo que durante o tempo extra o equipo vigués seguise dominando na pista, pero non atopaba a forma de reflectilo no marcador. Así chegou a xogada polémica que finalizou con lanzamento directo (por acumulación de faltas), expulsión de Pedro e recibir ao cuarto gol local a falta de 1:40 minutos para o final. Lucas saca porteiro-xogador, á desesperada, e de aí xorden o quinto e o sexto gol locais, este sobre a bucina.

A pesar da derrota, grande partido dos RedBlue Vigueses, que foron superiores aos locais durante case todo o encontro, e que só xogadas puntuais e unha decisión arbitral moi discutible, apearon da fase final. Pavillón abarrotado de afeccionados, practicamente todos locais salvo algúns familiares dos xogadores, e que ao final do encontro recoñeceron o traballo realizado polos olívicos, aínda que iso non sirva de cara ao resultado final.