O título da liga en xogo para o Vigo 2015

Imprimir

Este sábado ás 18 horas nas Instalacións Centro Deportivo Terra de Lugo terá lugar o partido AZKAR LUGO-E.D.VIGO2015 onde ambos os dous equipos se xogan o titulo de liga, xa que a falta de 3 xornadas para o final da liga marchan empatados a puntos no máis alto da clasificación (o Azkar cun partido menos), polo que tanto para un coma para outro equipo só vale a vitoria.

No partido de ida foron os lucenses os que venceron por 4-6, polo que os vigueses para optar ao título de Campión Galego terán que vencer por 2 ou máis goles. O campión galego asistirá ao Campionato de España de fútbol sala no mes de xuño. Para este partido os olívicos contarán con todos os seus efectivos.

Ambos os dous equipos respéctanse moito, sendo o VIGO2015 un dos poucos equipos que xa venceu aos lucenses e foi hai 2 anos na semifinais do campionato galego alevín, en aquela ocasión o resultado foi 0-3 esperemos que se repita nesta ocasión.

O equipo vigués non estará só xa que case un centenar de afeccionados acompañarán ao E.D.VIGO2015, para a ocasión fretouse un autobús, ademais de varios coches particulares, completarán a chamada Marea LARANXA. Esperemos que o próximo sábado sexa unha festa de fútbol sala ante un dos mellores conxuntos nacionais como é o AZKAR LUGO pero que a vitoria veña para Vigo.