O Vigo 2015 subcampión galego de fútbol sala

Imprimir

Despois da vitoria a domicilio este fin de semana ante o equipo do Cidade de Narón, o E.D.VIGO2015 quedou subcampión galego de fútbol sala, a pesar de perder un solo partido en toda a tempada, isto valeulle ao conxunto lucense do AZKAR para proclamarse campión galego. Gran campionato o realizado polo Vigo no seu primeiro ano na liga galega de fútbol sala, gran traballo tamén o do adestrador brasileiro Fabio e o de todos os seus rapaces onde ata o último partido de liga tiveron opcións de ser campións.

No seu último partido de liga os vigueses venceron con facilidade ao Cidade de Narón por 0-6 mentres que o Azkar fixo o mesmo ante o Casas de Lugo por 1-6.

Agora o equipo vigués centrarase no Play Off de Copa onde xogan os 4 primeiros clasificados Azkar Lugo, E.D.VIGO2015, Barval de O Barco e Cidade de Narón ou Casas de Lugo que xogan un posto na última xornada de liga, onde os vigueses lles toca descansar.