cidade vigo ftbol salaTerceiro Trofeo Cidade de Vigo este verán para un equipo do programa Siareiros Elite da Fundación VIDE.

O Halcones de béisbol abriu a serie, o Pilotes Posada  xogou o de balonmán diante do FC Barcelona Borges (Liga Asobal) e agora tócalle o turno ao Coruxo, que enfrontarase ao Xacobeo 2010 Lobelle, da División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala mañá mércores ás 21:00 horas no pavillón das Travesas.

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fai un chamamento a presenciar o Cidade de Vigo, que se celebrará na pista central do polideportivo das Travesas. Avanzou que ás 18 horas, na coñecida como "pista vermella" deo IMD, terá lugar un campus de fútbol sala de balde, impartido polo internacional vigués Pola e por Álex, os dous do Lobelle, destinado a fomentar a práctica deste deporte entre os rapaces.

"Ter no Cidade de Vigo un equipo da cidade e un referente en todo o Estado son garantes de que poderemos gozar dun espectáculo deportivo para os amantes do fútbol sala", afirmou Xabier Alonso. Segundo salientou o concelleiro nacionalista, neste torneo combinarase o deporte de calidade e o fomento do deporte de base.

O vicepresidente do Coruxo, Pachi Comesaña, agradeceu expresamente o apoio da Concellería de Deportes na organización do Trofeo Cidade de Vigo e ao fútbol sala. Respecto á situación do equipo, asegurou que se ten apostado por un "salto de calidade" co novo adestrador, Javier Cossío, "co obxectivo de non pasar apuros este ano".

En representación do Lobelle, Miguel Fernández, destacou que a participación do club santiagués no torneo é un xeito de "agradecer á cidade de Vigo o seu apoio na Supercopa de España", celebrada no pasado mes de xaneiro. O  xefe de prensa e representante do Lobelle no acto destacou a "boa relación" co Coruxo e asegurou que teñen en común a súa aposta pola base. Neste sentido lembrou que o Lobelle ten un xogador de Vigo que chegou ao club con 16 anos e "agora é internacional absoluto". "Esperamos dar un bo espectáculo e que sexa un partido vibrante", rematou.

Prezo da entrada. O custe da entrada para os afeccionados é de 5€ (prezo únicoe o mesmo que no Cidade de Vigo 2009). Os Siareiros Elite entrarán de balde coa presentación do novo carné laranxa da campaña 2010/2011, é dicir, que para asistir ao encontro terá que estar renovado o abono Siareiro Elite ou facelo por primeira vez.