Os dez primeiros minutos foron de certa tranquilidade para o Coruxo, e aínda que dominando o Carballiño pero sen levar excesivo perigo á portería dos vigueses, que xogando en metade da pista ían dinamitando as ofensivas locais. A primeira ocasión de gol do partido, curiosamente sería para o porteiro vigués, onde Cuca dende o seu portería engancha un disparo envelenado que Martín ten que despexar moi apurado a saque de esquina.Ambos adestradores empezaron a realizar cambios, e o primeiro en entrar é Rober e o segundo Xan, tamén Jorge entra en escena.

Chega o primeiro gol do Carballiño nunha xogada embarullada na área viguesa e na mesma liña de gol empurra Edu ao fondo da portería de Cuca. O partido xa o domina o Carballiño e o Coruxo intenta saír á contra pero a calidade do rival era un auténtico escollo á reacción do Coruxo. O segundo gol márcao Edu nun fallo defensivo e ao segundo pau.

O partido xa pon moi difícil para o Coruxo con ese 2-0, e Jacobo anota o terceiro nun man a man con Cuca, e que deixaba o segundo tempo moi desnivelado con ese 3-0 a favor dun Carballiño que se presentaba como o segundo máximo goleador do campionato.

A situación empeora nos primeiros segundos deste segundo período, xa que é reiniciar o xogo por parte do equipo ourensano e consegue anotar o 4-0, isto xa sería un auténtico xerro de auga fría, pois un 4-0 nada mais empezar o segundo acto xa se antojaba como loitar contra muíños de vento. Aínda que o Coruxo non lle perde a cara á situación e decide adiantar as súas liñas, e o Carballiño empeza a mover o balón moi ben e tal como lle gusta a Abelleiro e para iso esta Edu, un grande xogador que todo o que fai o converte en doado.

Minuto vinte e sete, penalti a Pablo Valle, e que se encarga o propio Pablo Valle en lanzalo e Martín detén con solvencia. Un minuto máis tarde se complica aínda máis a situación, xa de por si moi en contra ao retirarse Rober por lesión, e que todo fai indicar que terá varias semanas para recuperarse. Sobre o ecuador deste segundo tempo chega o segundo gol dos vigueses e anotado por Siso nun impresionante disparo que se cola pola escuadra da portería de Martín.

Os últimos minutos o conxunto vigués xa xogaría con porteiro xogador (Xan), e aí consegue ampliar a súa renda o Carballiño ao marcar dous goles máis en perdidas de despiste en ataque do Coruxo. A vitoria do Carballiño é palpable con esa superioridade que mostrou nos corenta minutos, pero o resultado foi avultado para o mérito que fixeron os dous equipos xa que o Coruxo tamén tivo as súas opcións e deu sempre a cara con todos os seus xogadores dándoo todo sobre a pista.

Partido sen complicacións para os árbitros e en liñas xerais estiveron ben. Hai que pasar páxina dende xa, e pensar no Mera, que a próxima fin de semana visita Ás Roteas, e tratándose doutro grande equipo.

CARBALLIÑO F.S. 7
CORUXO F.C. 1