O pronunciado dispositivo que montaron os dous equipos á hora de defender impide que se dean ocasións de gol nun fútbol sala de pouca calidade e abusando dun machacón individualismo á hora de sacar o balón xogado dende atrás. Teríase que chegar ao minuto seis para ver as primeiras accións de ataque con certa relevancia.

Pablo Valle tivo ocasión de bater a Iago tras unha asistencia de Manu. Se que non perdoaría o equipo coruñés segundos máis tarde ao poñer o 0-1 facilitado por un despiste defensivo dos locais, que deixaron só a Manu, que empurra o balón con total tranquilidade ao fondo da rede o inesperado 0-1. Por minutos, o Coruxo vaise do partido e o que lle deu certa vida é que o Mera tamén collera unha pronunciada pájara, e xa a mediocridade se fai sitio nun partido sen elaboración nin pegada no ataque polos dous equipos.

Os porteiros sen pasar apuros, salvo varias xogadas a balón parado e que as resolveron con autoridade. A igualada no luminoso anótaa un combativo Xan, que recibe de Siso cando este último intercepta un contraataque do Mera, o trallazo á escuadra de Xan convértese no 1-1, e é cando chegan os mellores minutos do partido, aínda que era o Coruxo quen xa dominaba lixeiramente. Varios disparos de Álvaro e Mario levaron a incerteza á defensa visitante, que a pesar de todo se mantiña en orde.

Tamén Alberto, por o Mera, tivo varias ocasións moi seguidas e Lolo evitou senllos goles ao saír a pés do xogador coruñés. Íase notando certo desequilibrio nestes últimos minutos do primeiro acto, e o Mera movendo máis o banco axilizaba a xogada entre liñas e metendo á defensiva a un Coruxo que pouco antes do minuto vinte puido poñerse por diante nese golpeo dentro da área e que Manu Boan envía por fóra.

A precipitación e as escasas ocasións de gol xa é algo que se instala dende os primeiros minutos deste segundo tempo. O Mera seguía movendo bastante máis o banco, e a frescura empezaba a dar os seus froitos cando outra vez Alberto dá o primeiro aviso enviando o balón ao pau. O empate non deixaba satisfeito a ninguén, e a cuestión era ver quen se atrevería a romper a grande monotonía dun fútbol sala insulso. Definitivamente chega resoar das xogadas eléctricas, ocasións de gol e contraataques explosivos, e moito tivo que ver eses dous remates de Alex e Héctor, onde o equipo coruñés case perfora a portería de Lolo.

É cando Fabio se arranca con boas xogadas de ataque, e así é como chegaría o gol local, nunha asistencia de Manu Boan sobre Fabio sendo este último o que remata con potencia e incrusta o balón ao fondo das mallas co 2-1. O plus de intensidade xa inxectara dose de solvencia ás dianteiras, pero apreciábase ao Mera fisicamente moito máis enteiro. Con Los contraataques e as ganas de gañar este partido é o que motivou que o Coruxo non chegase a arrefriar o partido en momentos clave, e de aí, que os continuos contraataques do equipo vigués eran como unha lanza no seu contra e o auto castigo físico empezaría por causar efecto. O que deu minutos de frescura, a entrada de Álvaro, que sacou o manual das inmensas calidades que atesoura, á parte do balón ao pau que enviou nun potente disparo raso e cruzado con Iago practicamente batido e saíndo a cubrir o ángulo.

A pesar da frescura do equipo coruñés, o que se vía vir era o terceiro gol dos vigueses, que con Álvaro no eixe do ataque xa era como unha pantalla para recibir e tocar o compañeiro mellor colocado, e de aí que os contraataques do Coruxo xa tiñan no novo xogador o primeiro pase de saída. O empate 2-2, anótao Pablo Valle en propia portería ao intentar despexar o balón, é continuar o xogo dende o medio da pista co saque de rigor, e o Mera consegue o 2-3. O autogol metera o equipo coruñés no partido.

E que un minuto máis tarde volve marcar o 2-4. O desconcerto xa era pronunciado, e o equipo vigués volve poñer en bandexa outro gol, e que xa era un 2-5 que se antollaba surrealista xa que dous minutos antes o equipo vigués ía por diante no marcador. Os tres últimos minutos xogou o Coruxo con porteiro-xogador pero o mazazo xa había boto moito dano.
CORUXO F.C. 2 MERA 4