Colaboradores
Manel Fernández aplaudiu o traballo do Carpa Viqueira na clausura das escolas municipais de patinaxe
- Detalles
Espectacular a exhibición das escolas de patinaxe do Carpa Grupo Viqueira, no peche do curso 2015/16 do programa municipal no pavillón de Bouzas. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández, aplaudiu o traballo da entidade.
- Detalles
Esta fin de semana tivo lugar no Pavillón do Restollal en Santiago de Compostela, organizado polo Club Patinaxe Compostela, o Campionato Galego de patinaxe de cadete a senior. O Carpa-Viqueira estivo representado en distintas categorías polos seguintes patinadores, obtendo as seguintes posicións:
- Detalles
O I Trofeo Internacional Concello de Vigo de grupos show, unha aposta do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, para dar maior contido á patinaxe artística local, modalidade estrela do programa de escolas deportivas, coroou ao Carpa Grupo Viqueira.
- Detalles
A pasada fin de semana tivo lugar o XV Campionato de España de patinaxe artística, na modalidade de Grupos Show, na localidade barcelonesa de Vilanova, onde o club vigués Carpa-Viqueira obtivo a 5ª posición en Grupos Grandes coa coreografía de "Naugrafos en terra". Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e o traballo realizado a favor do deporte local.
- Detalles
O pasado sábado en Santiago e organizado polo club Campus Stellae, tivo lugar o Campionato Galego de Show nas modalidades de xuvenil e cuarteto, no que o CARPA-Viqueira obtivo unha terceira posición na modalidade de Xuvenil coa coreografía "Glamour Vintage" e un primeiro posto na de Cuarteto coa coreografía "Paixón gotan". Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, amosouse moi contento co resultado do club adherido ao Programa Siareiros base da Fundación.
- << Inicio
- < Anterior
- 2
- 3
- 4
- Seguinte >
- Final >>