Cabecera Vide

O Carpa, gañador da Copa Galega de Show

O Club C.A.R.P.A. Grupo Viqueira de patinaxe artístico foi o gran triunfador da Copa Galega de Show, que tivo lugar o pasado fin de semana en Redondela. A Competición foi organizada polo club redondelano Bolboreta. Tanto na categoría de grupos grandes, coma a de pequenos, o club vigués non tivo rival mostrando un gran nivel.