Cabecera Vide

O C.A.R.P.A. subiu dúas veces ao podio no Campionato Galego de Show

CARTELO CARPA-Grupo Viqueira consegue dous podios no XIII Campionato Galego de Show, organizado polo Club Deportivo Fontiñas, celebrado a pasada fin de semana no Pavillón deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela. Os/as vigueses/as foron campións en grupos grandes e terceiros en grupos pequenos.

Co espectáculo "Alta Traizón" participaron na categoría de grupos grandes e con "Soio foi un soño" na de pequenos.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo felicita aos/ás compoñentes do club vigués pola súa dedicación e éxitos dentro da patinaxe artística.