Cabecera Vide

O Carpa logra a sexta posición no Campionato de España de Grupos Show

20150310 carpaEsta pasada fin de semana tivo lugar en Zaragoza no Pavillón Príncipe Felipe, o XIV Campionato de España de patinaxe artística, na modalidade de Grupos Show. O CARPA-Viqueira, obtivo a 6ª posición en Grupos Grandes coa coreografía de "Inseparables" e a 10ª en Grupo Pequeno con "Ondas do Mar de Vigo".

Con respecto aos equipos galegos, en Grupos Pequenos, despois do CARPA-Viqueira, o mellor clasificado foi o C.P.A. Valladares (11) e CP Campus Stellae (15).

Na categoría de Grupos Grandes, CARPA-Viqueira (6), Anfora (10), C.P.A Ribex (12), C.P.A. Valladares (14), Patin Porriño (16) e Campus Stelle (17).

As clasificacións foron as seguintes:
SHOW PEQUENOS:
1. - C.P. L 'ALDEA con Crash (Federación catalá)
2. -C.P.A. SANT CELONI con "Voz de arbol) (Federación catalá)
3. -FUNDACIO VILANOVA con "Pasar páxina) (Federación catalá)
SHOW GRANDES:
CPA. OLOT con "Sobrevivir" (Federación catalá)
REUS DEPORTIU con "Infinito..." (Federación catalá)
CPA GIRONA con "Facendo e desfacendo" (Federación catalá)

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e o traballo realizado a favor do deporte local.