Colaboradores
- Detalles
O CARPA-Viqueira participou no Trofeo Xunta Pontevedra, organizado polo club CPA Gondomar, a pasada fin de semana. Os cinco patinadores que tomaron parte obtiveron excelentes posicións. En infantil feminino, Laura Bouzo foi 3ª, en cadete masculino, Javier Matinez 1º e Pablo Fernández 3ª, en cadete feminino, Maria Gil foi 10ª e xuvenil feminino, Laura Rolán foi 3ª.
- Detalles
Esta pasada fin de semana tivo lugar en Zaragoza no Pavillón Príncipe Felipe, o XIV Campionato de España de patinaxe artística, na modalidade de Grupos Show. O CARPA-Viqueira, obtivo a 6ª posición en Grupos Grandes coa coreografía de "Inseparables" e a 10ª en Grupo Pequeno con "Ondas do Mar de Vigo".
- Detalles
A pasada fin de semana tivo lugar en Covelo, organizado polo Covelo P.A, o XXII Campionato de España na categoría de xuvenil de patinaxe artística.
- Detalles
O pavillón do Berbés acolleu esta fin de semana a décima edición da Copa Galega de Grupos de Show de patinaxe artística sobre rodas, organizado polo club vigués Patín Vagalume, coa presenza de máis de 200 patinadores pertencentes a 14 clubs das provincias de Pontevedra e A Coruña e o apoio do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández. O campionato foi un éxito de público, completándose o auditorio de 400 persoas que seguiron con grande interese as evolucións dos patinadores sobre a pista.
- Detalles
Esta pasada fin de semana, organizado polo Club Deportivo Fontiñas, tivo lugar, en Santiago de Compostela, o XIII Campionato de España de patinaxe artística, na modalidade de Grupos Show. O CARPA-Grupo Viqueira, obtivo a 5ª posición en Grupos Grandes coa coreografía de "Alta Traizon" e a 14 en Grupo Pequeno "Soio foi un sono".