Colaboradores
- Detalles
O Carpa Grupo Viqueira de Vigo, co tema "Náufragos en terra" en grupos grandes, e o CPA Gondomar en grupos pequenos presentando "a Miña realidade" proclamáronse o sábado campións de Galicia de patinaxe artística nun pavillón de As Travesas que rexistrou uns 2.500 afeccionados nas súas bancadas.
- Detalles
Data e lugar: Xuño 2015 - Pavillón do Carme (Vigo)
Comezo do curso: Luns, 1 de xuño.
Remate: Luns, 29 xuño.
Días e horarios: Luns e mércores 20 h. a 21 h. Grupo inciciación.
Luns e mércores 21 h. a 22 h. Grupo avanzados.
Confirmar praza: Teléfono 608 444 779 e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Importe e pago: 45 € Ingresar en Abanca nº cta. ES58 2080 5000 65 3040182130. Indicar o nome do alumn@ e grupo no que se inscribe. Entregar resgardo de pagamento o primeiro día de clase.
Organiza: Club As Rodas Patinaxe Artística. C.A.R.P.A. - Viqueira. Colabora: Concello de Vigo - Instituto Municipal dos Deportes.
- Detalles
Esta fin de semana tivo lugar no Pavillón do Carmen, organizado por o CARPA-Viqueira, o Campionato Autonómico de cadete a Senior de patinaxe na categoría de libre e de Benxamín a Senior na de figuras obrigatorias. O CARPA-Viqueira estivo representado en distintas categorías polos seguintes patinadores, obtendo as seguintes posicións:
- Detalles
O Carpa Grupo Viqueira organiza no pavillón do Carme, no complexo deportivo das Travesas, o Galego de categoría cadete a senior (sábado 23), cuxos adestramentos comezarán ás 10:00 horas para dar paso á competición ás 10:50. O evento, patrocinado pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo, recibirá a uns corenta deportistas en idade cadete, xuvenil, junior e senior de catorce clubs de toda Galicia.
- Detalles
O pasado sábado tivo lugar a 13ª edición da Copa Galega de Grupos Show, organizado polo Club Deportivo Ourela, que tivo lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, onde o CARPA-VIQUEIRA obtivo a 1º posición en todas as modalidades nas que participou, show grandes, pequeno e cuartetos.