Cabecera Vide

Celebración do 30 aniversario do San Ignacio

374sanignaciotrofeo30aniverO Club de Loita San Ignacio celebrou os seus 30 aniversario no pavillón de Teis-Vigo. Á cita acudiron 8 equipos de Galicia, non podendo participar o equipo feminino cadete andaluz Milu, combinado de España e club Martín de Portugal, esperando que poidan acudir en novembro ao 9º Open San Ignacio.

A traxectoria do San Ignacio a nivel de Galicia é boa e sobre todo nos trofeos, sendo para a Federación galega de loita os trofeos de mellor preparación e presentación de cara a facer promoción de a loita olímpica.

A clasificación por clubs non é o mais importante aínda que foi a seguinte 1º san Ignacio 2º kuzushi e 3º cidade de Vigo.

Podemos destacar a homenaxe por parte da loita galega a 6 veteranos do San Ignacio que levan uns 25 anos cada un no mundo da loita olímpica: Gonzalo Varela, Anxo Gonzalez, David Vázquez, Antonio Fernandez e Eladio Belo

Intentásese traer pouco a pouco aos mellores deportistas para os trofeos San Ignacio, para que os loitadores que empezan poidan aprender deles e por suposto apreciar a loita olímpica in situ.

 Resultados (164.71 kB)