Cabecera Vide

A viguesa Nerea Vila perdeu na rolda clasificatoria do Europeo cadete de loita olímpica, en Saraxevo

nvilaNerea Vila, loitadora viguesa do Club San Ignacio, foi eliminada este xoves en primeira rolda do Campionato de Europa cadete de loita libre e grecorromana, que dende o día 3 ao domingo dispútase na cidade de Saraxevo (Bosnia).

 

A galega, primeira da nosa comunidade que acadara praza nun Europeo, caeu (0-3) na eliminatoria previa do seu peso (56 quilos) fronte á moldava Ecaterina Rusu, que vencería a continuación á eslovena Anja Mesicek para perder en cuartos coa ucraína Tetyana Kit, finalmente campioa.

Non pasar a cuartos privou á viguesa da repesca que leva á loita pola medalla de bronce. O combate decidiuse no primeiro período, porque nos dous rounds seguintes o marcador xa non se moveu. Vila rematou na posición 17 sobre 19 participantes, aínda que segue acumulando experiencia. Nacida en 1993, o ano que vén xa salta a idade junior. A moldava concluíu en quinto lugar.

Vila foi este ano subcampioa de España na categoría junior (por enriba da súa edade), e despois de perder a final cunha das mellores loitadoras do mundo no seu peso.

Resultados Europeo cadete (57.6 kB)