Bo resultado do San Ignacio no Campionato Galego senior de loita olímpica

Imprimir

3742011-02-12 c gallego seniorO Club San Ignacio cosechou, a pasada fin de semana en Pontevedra, un excelente resultado no Campionato galego senior. Os loitadores foron: Diego, Borja, Brais, Xurxo e Pablo, coma delegado Alberto e o adestrador foi Eladio. En loita feminina as loitadoras foron Sara, Jessica, Aroa, Nerea e Verónica.

Podium senior libre olímpica
1º Keltoi (Vila de Cruces)
2º Vilalba (Lugo)
3º San Ignacio (Vigo)

Podium en senior grecorromana
1º Keltoi (Vila de Cruces)
2º San Ignacio (Vigo)
3º Vilalba (Lugo)

Podium en senior feminino
1º San Ignacio (Vigo)
2º Pontevedra (Pontevedra)

Destacou a actuación no San Ignacio de Pablo Fernández campión en 84 kg greco senior, dando un bo espectáculo ao público asistente. (Os seus 4 anos en centro de alto rendemento nótanse).

O san Ignacio segue defendendo as cores de Vigo ante os dous clubs máis potentes de Galicia o Keltoi de Vila de cruces e o Vilalba de Lugo.