Cabecera Vide

Campionato de España de loita olímpica

sanignaciomarzo2011Os próximos 12 e 13 de marzo terá lugar en terras murcianas o campionato de España de loita olímpica onde o Club de Loita San Ignacio aspira a acadar o seguinte resultado:

En categoría senior masculina a selección galega, ten como obxectivo renovar o campionato de España conseguido no 2010.

En categoría senior feminina, intentásese quedar entre as cinco primeiras de España, xa que no 2010 quedou 7º.

O club san Ignacio de Vigo achega a 8 loitadores para o campionato de España, e tamén o seleccionador feminino Eladio.

En Senior Grecorromana
-55 kg Borja Saavedra

En Senior Libre Olímpica
-60 kg Brais Alves
-74 kg Xurxo Pedrol

En Senior Feminino
-51 kg Sara Vieitez
-51 kg Jessica López
-55 kg Nerea Vila
-59 kg Judit Pérez
-63 kg Verónica Pérez

Este equipo feminino no ano 2010 foron terceiras de España en junior .por clubs, este ano poden empezar a participar en senior (aínda lle quedan 2 anos de junior)

As medallas están moi difíciles en categoría senior, pero intentásese traer algunha.

O club san Ignacio, é o club de Vigo que achega máis loitadores á selección galega dende o 2005e está a manter o nome de Vigo a nivel de España. Un campionato de España de loita olímpica ten tres tipos de clasificacións, a dificultade está en que cada peso, a federación adoita levar un loitador por peso:

1º INDIVIDUAL:  É a mais importante para o loitador, onde se sente realizado
2º Por CLUBS: É difícil unha boa clasificación, debido a que teñen que ir convocados varios do mesmo club.
3º POR SELECCIÓNS: Faise un equipo o mais competitivo posible ,bajando de peso a varios loitadores