Bo papel do San Ingacio en Murcia

Imprimir

374espaa cadete y senior murcia 182O club San Ignacio participou coa selección galega de loita olímpica no campionato de España senior, celebrada a pasada fin de semana en Murcia. Tras saír en autobús o xoves ás 23 h, regresaron o luns de madrugada ás 3 h. tras moitas horas de estrada.

Os vigueses son o club que mais loitadores achega á selección galega de loita cun total de oito loitadores, un árbitro e un adestrador.

O traballo dende o 2005 que se está a facer coa sección feminina está a dar os seus resultados, sendo neste campionato toda a selección sénior San Ignacio, mais unha loitadora de Pontevedra.

Resultados individuais:

- Borja Saavedra ,55kg greco, 7º.
- Brais Alves, 60 kg libre, 14º.
- Xurxo pedrol, 74 kg libre 5º, chegando a loitar polo bronce.

A selección galega sénior renovou o título de campioa en sénior libre olímpica.

-Sara vieitez, 51 kg femenino5º, loito polo bronce.
-Jessica López, 51 kg feminino 7º.
-Nerea Vila, 55 kg feminino 3º.
-Judit Pérez, 59 kg feminino 5º, tivo o bronce nas súas mans.
-Verónica perez, 63 kg feminino 2º.
Equipo feminino San Ignacio 4º por clubs empatados cos terceiros (Milu, Andalucía).

La selección feminina sénior 3º de España, é a primeira vez que se trae copa en sénior.

374espaa cadete y senior murcia 179A loitadora Verónica Pérez, ano 1993, mellor resultado do San Ignacio, foi prata na categoría de 63 kg. Implicada no club coa promoción da loita feminina e colaborando activamente. A semana próxima espéralle en Granada o campionato de España junior, onde haberá máis competidoras.