Cabecera Vide

O San Ignacio de loita, con Galicia á espera de rabuñar algúns metais no Estatal de Albolote

eladio1O Club San Ignacio tentará acadar algunha medalla no Campionato de España junior e escolar de loitas olímpicas, que esta fin de semana disputarase en Albolote (Granada), coa participación de 246 competidores e competidoras.

A entidade de Teis levou un traballo constante, sendo os seus máximos rivais os clubs andaluces, con moitas loitadoras.

Mentres en 2009 o San Ignacio colleitou o título cadete e junior, en 2010 Galicia foi subcampioa de España junior en loita libre feminina, detrás de Andalucía. "Esperamos repetir a segunda posición como mínimo, e por clubs imos tentar ser campioas de España", asegura Eladio Bello, presidente do club vigués. O San Ignacio preparouse a conciencia cun adestramento especifico e presentará unha loitadora por peso.

Galicia, primeira en loita libre olímpica na edición de Xixón 2010 (un punto de vantaxe sobre Andalucía), leva á localidade granadina un total de 36 competidores e competidoras. A expedición viaxa esta noite en autobús. Espéranlle 15 horas de autocar. Buscar prazas para ás seleccións estatais é o gran obxectivo do combinado galego. Porque así poderán ir logo ao Europeo e ao Mundial.

Mentres, o club vigués pretende rabuñar algún metal. Como ocorreu este mes en San Javier (Murcia), no XIV Campionato de España senior, Verónica Pérez (63 quilos) foi prata e bronce Nerea Vila (55 quilos).

Na imaxe, Judit Pérez, Jessica López, Sara Viéitez, Verónica Pérez, Nerea Vila e Eladio Bello, do San Ignacio, durante o campionato estatal en San Javier (Murcia), o pasado día 12. Forman a selección galega junior feminina xunto con Brenda (Pontevedra) e Noelia (Keltoi).