Cabecera Vide

Finalizou a liga galega de loita olímpica en categoría base

374ligabaselugoA terceira xornada de liga, na categoría base de Galicia de loita olímpica, estivo moi igualada para o 2º e 3º posto, sendo campión o Club Ayude (con mais loitadores que o resto de participantes) cun total de trece clubs participantes.

Esta terceira xornada en Lugo deu ao club San Ignacio o subcampionato na liga galega, sendo un premio para o traballo realizado por Ángeles Álvarez (única adestradora de loita olímpica de Galicia).

Como novidade nesta terceira e última xornada de loita é a presenza do director xeral da Federación Española de loita, Francisco Iglesias, para ver o proceso deste sistema de liga e impulsalo a nivel nacional entre as rexións de España.

Con este resultado o club de loita san Ignacio foi este ano o mellor club vigués de loita olímpica de Galicia, e como mostra o resto de resultados:

En categoría escolar - terceiros de Galicia 
En categoría senior - terceiros de Galicia e subcampions en grecorromana
En categoría senior feminina -  campioas
En categoría junior feminina - campioas
Trofeo 10º open San Ignacio - campións

E o equipo feminino junior - subcampión de España

O director técnico da Federación Española de loita quixo apoiar o club san Ignacio, no seu labor pola promoción da loita olímpica.