O San ignacio de loita olímpica organiza este sábado 14 de novembro o Trofeo XXIX Aniversario no pavillón de Teis (16.30 horas). Ao redor dun cento de participantes de todas as idades dende os 6 anos competirán nos dous tapices defendendo a un total da dez clubs.

O evento, que organiza o club presidido por Eladio Bello, é case como un gran campionato autonómico, ao repetir asistencia o Keltoi de Vila de Cruces, o máis poderoso conxunto de Galicia, xunto coas seis formacións de Vigo (San Ignacio, Ciudad de Vigo, Kuzushi, El Castro, Independiente e Saudade), unha de Pontevedra e dúas de Lugo (Lugo e Vilalba). Durante o trofeo Bello aproveitará para homenaxear aos seus equipos cadete e junior feminino, campións de España.