IgnacioO Club Santo Ignacio de Vigo alzouse con dous primeiros postos, cadete e senior feminino, e unha terceira praza en senior masculino, o pasado sábado no Campionato galego de loitas olímpicas celebrado en Santiago de Compostela.

Con estes resultados o club vigués demostrou ser o equipo mellor da nosa cidade e de Galicia entre os tres mellores.

Na foto, o equipo que se desprazou a Santiago: Brais, Rafa, Rafa, Diego, Carlos, Aarón, Borja, Ibrahim, Javi, Carlos (delegado), Ángeles (adestradora), Ángel, Marta, Andrea, Verónica, Sara, Andrea, Teresa, Iván, Laura e Eladio (adestrador).

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo felicita ao club polos resultados obtidos o sábado e eloxia o labor que fan os seus directivos e adestradores a favor do deporte local.