Actividades do Club de Loita San Ignacio

Imprimir

manuel_rocaO Club San Ignacio, antes de rematar a tempada en xuño, está a facer cursos de loita olímpica entre os novos valores da entidade. Na tarde de onte, Manuel Roca, exselecionador galego e nacional de loita grecorromana  -actualmente en car Barcelona-, quixo compartir un adestramento club vigués, no pavillón de Teis, na especialidade de loita grecorromana.

O seguinte cursillista é Pablo Pintos (director técnico da Federación Galega), será na especialidade de libre olímpica. E tamén sumarase a esta iniciativa o árbitro internacional vigués,  Diego Villanueva, que será moi importante para loitadores e técnicos para aprender ben o novo regulamento de loita.

Ademáis, o San Ignacio celebrará o próximo mes de xuño un Torneo polo seu 34º Aniversario. Será o día 14, en horario de 16.30 h. a 19.30 h., no pavillón de Teis. A entrada será libre.