Cabecera Vide

Curso do árbitro Diego Villanueva no Club San Ignacio de loita

loitaO Club San Ignacio, antes de rematar tempada en xuño, está a facer cursos de loita olímpica entre os novos valores do club. Diego Villanueva, árbitro internacional de Vigo, colaborou co club vigués despois de arbitrar no Campionato de Europa cadete.

O seguinte cursillista é Pablo Pintos, director técnico da Federación Galega, será na especialidade de libre olímpica previsto para o mércores 4 de xuño, antes do Trofeo 34 aniversario San Ignacio a celebrar no pavillón de Teis o sábado 14 de xuño de 16.30 h. a 19.30 h.