San Ignacio Vila de CrucesO Club San Ignacio de loita brillou no Campionato Galego de loita olímpica que tivo lugar na localidade pontevedresa de Vila de Cruces a pasada fin de semana. Dous campionatos autonómicos e un subcampionato foi o balance obtido polo club adherido ao programa Siareiros de VIDE.

Os vigueses tiveron unha ampla participación en cadete, sendo en senior escasa desplazando ao evento a preto de corenta persoas entre deportistas, técnicos e acompañantes. A competición desenvolveuse sobre tres tapices.

Os títulos que se trouxeron á casa foron:

-Campioas en cadete feminino.
-Campioas en sénior femnino.
-Subcampions en cadete libre olímpica.

O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mostrouse moi contento co resultado do club vigués que confirma ou bo traballo que ven realizando a prol do deporte vigués.