Cabecera Vide

O San Ignacio cumpriu o seu obxectivo no Nacional sénior e cadete

san ignacio nacional cadete senior feb 16O Club de Loita San Ignacio participou con doce loitadores no Campionato de España de loitas olímpicas sénior e cadete celebrado a pasada fin de semana na localidade murciana de San Javier. Seis medallas é o balance final do seu brillante paso polo Nacional. Destacar a actuación de Rafael Álvarez, campión en 69 kg cadete, e Cristina Rodríguez, que quedou en segunda posición en cadete 70 kg (perdendo coa subcampiona de Europa).

Colaborando coa expedición galega, Eladio Bello, seleccionador feminino, Ángeles Álvarez, delegada, e Marcos Araújo, arbitro internacional.

En senior feminino os deportistas do San Ignacio trouxéronse á casa o subcampionato de España por clubs.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e o traballo realizado a favor do deporte local.