Cabecera Vide

O Club de Loita San Ignacio logrou o campionato galego escolar, cadete, júnior e sénior de categoría feminina

san ignacioO Club de Loita San Ignacio, adherido ao programa Siareiros base de VIDE, obtivo o título autonómico escolar e júnior en categoría feminina a pasada fin de semana en Santiago de Compostela. O equipo que dirixe Eladio Bello e Ángeles Álvarez, conquistaran previamente o campionato cadete e sénior. Manel Fernández, como máximo responsable do Deporte vigués, mostrouse satisfeito con estes novos triunfos do San Ignacio, que confirma a súa traxectoria ascendente.