ignacio pontevedraPontevedra acolleu os Campionatos de España de Loitas Olímpicas nas categorías júnior e escolar durante a pasada fin de semana. O Club de Loita San Ignacio, adherido ao programa Siareiros base de VIDE, sumou tres medallas da man de Mario, terceiro posto en greco escolar, Iván Alonso, terceiro posto en greco júnior e Xela, segundo posto en júnior feminino.

Por parte do San Ignacio, colaboraron no Campionato dezaseis compoñentes do club, entre eles Eladio Bello, seleccionador feminino, Ángeles Álvarez e Nerea Vila, delegadas da Federación Galega de Loita, Marcos Araújo, árbitro internacional, Erica, Nerea, Yaiza e Sara, na organización.

No evento, no Pavillón Municipal dos Deportes da cidade do Lérez, rendiuse homenaxe ao Sousa, do Club de Loita Cidade de Vigo, club adherido tamén ao programa Siareiros base, Alexander Kachalaev e Ángel Amor.