combateO pavillón municipal de Candeán, acolleu o sábado, a Xornada Sur da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas, onde preto de 150 deportistas de 6 a 12 anos amosaron o seu talento. A Competición, con carácter lúdico-deportivo, congregou os mellores Clubs da zona sur de Galicia.

Esta competición por equipos é a mais importantes das que se celebran dentro do calendario competitivo.

A clasificación final por Clubs quedou do seguinte xeito:

1º- Club Ciudad de Vigo.
2º- Club El Castro de Vigo.
3º- Club San Ignacio de Vigo
4º- Club de Loita do Morrazo.
5º- Club Kuzushi de Vigo.
6º- Club A Cambadela de A Estrada.

Os tres primeiros equipos clasificados, teñen asegurada a súa presenza na xornada final, na loita polo podium. Estes clubs enfrontaranse os tres mellores clasificados na xornada norte.

Esta é unha competición adaptada para os mais pequenos, tentando que gocen do deporte e en especial das Loitas Olímpicas.

A idea fundamental da competición adaptada para os mais pequenos, é que podan competir nun entorno adaptado para eles, de este xeito pode nacer o talento en moitos dos nosos deportistas.