flic flac escolas abel manelOutra xornada de peche de escolas deportivas do programa municipal. As exhibicións de ‪‎ximnasia‬ ‪‎acrobática‬ do Flic Flac, nas Travesas, espectaculares. O alcalde de ‪‎Vigo‬, Abel Caballero, estivo acompañado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e aplaudiu o excelente traballo do club de Jorge Méndez, que acadou quince medallas no Campionato de España hai uns días.

 

flic flac A pasada fin de semana celebrouse en Xirivella, Valencia, o décimo terceiro Campionato de España de ximnasia acrobática. O Flic Flac desprazou a corenta e oito ximnastas e cinco adestradores. Tras tres maratonianas xornadas competitivas e tendo en conta as doce horas previstas de autobús, os ximnastas do club vigués obtiveron a friolera de quince medallas, once individuais e catro por clubs (sumando as tres mellores notas de cada categoría).

 

flic flacO próximo sábado 19, a partir das 17 h, celebrarase na pista central do pavillón de Travesas, o décimo festival de Nadal que organiza o Club Flic Flac de ximnasia acrobática. O evento, incluído dentro do programa municipal da concellaría de deportes: "Gañamos tod@s". 

 

flic flacO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, firmou onte un convenio para que o Club Flic Flac, de ximnasia acrobática, poida facer unhas xornadas técnicas esta fin de semana no pavillón da ETEA.

 

O Club Flic Flac encontrase en Riesa (Alemaña) para participar na 8ª edición do Campionato Europeo de Ximnasia Acrobática. O evento que estase a disputar dende onte ata o 28 de setembro, converténdose no seu cuarto europeo consecutivo dende o ano 2009, e na sexta participación do club vestindo a equipación española no campionato.