torneo_flic_flacO trío vigués formado por Valentina Durán, Alexandra González e Andrea Verísimo, do Club Flic Flac de ximnasia acrobática, obtiveron un meritorio ouro na categoría cadete, sendúbida, a máis espectacular do torneo Go Madrid celebrado a pasada fin de semana. Participaron perto de sesenta ximnastas de Cáceres, Granada, Madrid, Valencia e Vigo.

Con este torneo se acaban as competicións da tempada 2012/13, tras as 14 medallas acadadas no campionato galego (celebrado en Vigo) e as 9 no nacional, ágora queda ver si os dous tríos pre-seleccionados pola Real Federación Española de Ximnasia se clasifican este mes para os campionatos de Europa. Sería o 5º ano consecutivo que Vigo tería representación en mundiais e europeos.