Cabecera Vide

O Flic Flac roza as finais no Campionato de Europa de Ximnasia Acrobática

flicflacA pasada fin de semana celebrouse en Odivelas - Lisboa, o VII Campionato de Europa por idades de ximnasia acrobática. O club vigués, que participaba con dous tríos femininos, tivo un grande papel, tanto en categoría 11-16 como en 12-18 anos. Paula Lago, Belén Gómez e Naiara Díaz, impresionaban ao multiúsos de Odivelas cun exercicio de equilibrio repleto de forza e paixón.

O resultado foi un meritorio sétimo posto (de 27 tríos participantes), o quinto por seleccións nacionais. Ao día seguinte, a sorporesa fué en sentido contrario, unha inexplicable nota bajísima deixábanos fóra da final, por escasas décimas.

Aine Márquez, Nerea Otero e Iria Paz, enfrontábanse a outros 22 equipos. Empezaron cun exercicio de equilibrio que estaba por debaixo das súas posibilidades, deixando para o dinámico as súas posibilidades de entrar na ansiada final. Ao día seguinte, un fallo no primeiro elemento, enturbou un bo exercicio e imposibilitou que se cumprise o grande obxectivo da final.