Boa actuación do Flic Flac en Maia

Imprimir

flicflac_maiaEsta fin de semana as ximnastas, adestradores e xuíz do Club Flic Flac de Vigo desprazáronse ata a cidade de Maia para competir no "Maia International Acro Cup", un dos eventos máis destacados da ximnasia acrobática a nivel mundial, xa que é paralelamente unha copa do mundo. A competición foi a máis numerosa ata o día de hoxe e reuniu centos de participantes de 17 países, entre eles campións de Europa.

Na categoría Age Group 2, o trío composto por Iria Paz, Belén Gómez e Nerea Otero, despois dun primeiro exercicio con opción a medalla, quedaron oitavas tras os outros dous, en competición moi disputada con trinta participantes en ula categoría. O seu resultado deixounos unicamente por detrás dos mellores países: Portugal e Gran Bretaña (subcampionas de Europa). Este resultado deixa o equipo con boas sensacións cara ao mundial que se celebrará en París o próximo mes de xullo.

O trío formado por Paula Lago, Gemma Cabaleiro e Naiara Díaz fixeron un primeiro exercicio que as colocou en oitava posición, cunha moi boa nota, pero o fallo no segundo exercicio do sábado, lles deixou fóra da final colocándoas no número 26 da categoría.

O trío xuvenil de Candela Monterde, Desiré Vila e María Fernández non tivo sorte nesta competición, a pesar da súa moi boa preparación para ela, os seus exercicios de gran dificultade deixáronlles no 26ª posto de 39 participantes na súa categoría.

Na categoría cadete, ambos os dous grupos pasaron a la final. O trío formado por Alexandra González, Andrea López e Sandra Pintor destacaron polo seu exercicio de gran dificultade e o resultado foi un oitavo posto. A parella feminina de María González e Olivia Bernardo, finalmente alcanzaron o 10 posto tras dous exercicios moi bos.