flic_flacO Club Flic Flac de Vigo participou na VII Copa Galicia e Campionato galego de Ximnasia Acrobática a pasada fin de semana. O resultado dos seus 33 ximnastas foi moi positivo e todos eles demostraron unha vez máis o nivel da ximnasia acrobática viguesa.

O trío júnior formado por Iria Paz, Belén Gómez e Nerea Otero fixéronse coas notas máis altas da competición, alzando así o primeiro posto en e tamén no Campionato Galego. As súas compañeiras Paula Lago, Gemma Cabaleiro e Naiara Díaz, seguíronlles no podio galego e ademais conseguiron o ouro en la Copa Galicia.

O trío xuvenil formado por María Fernández, Desiree Vila e Candela Monterde, levaron esta fin de semana dúas oros. Luis Amaral e Andrea Verísimo, tamén de categoría xuvenil, conseguiron o primeiro posto en ala Copa Galicia e un terceiro lugar no podio galego. Non foi a sorte de María González e Olivia Bernardo, que a pesar de facer bos exercicios quedaron ás portas do podio.

Alexandra González, Andrea López e Sandra Pintor, conseguiron o segundo posto na Copa Galicia enfrontándose a numerosos tríos participantes. Ademais, leváronse o ouro no Campionato Galego.

O grupo de alevín e infantís tamén asistiu ao Campionato Galego levando numerosas medallas á casa. Javier Novo e Patricia Lourido, obtiveron o segundo posto en categoría mixta infantil, Violeta Huifang, Sofía Santomé e Lidia Farrapeira repetiron prata na categoría de tríos alevín.

O podio de categoría infantil vestiuse de Flic Flac. O primeiro posto alzárono Alexandre Sierra e Uxía Verísimo; Catalina García, Nerea Díaz e Emma Saavedra conseguiron a prata e Blanca Alonso, Carlota García e Hanna Sánchez obtiveron a medalla de bronce.

Por clubs, o Club Flic Flac obtivo o primeiro posto en categoría absoluta e dous segundos postos en categoría infantil e xuvenil.