Valencia é sede esta fin de semana da concentración da selección española de ximnasia acrobática. Nela, once ximnastas do Club Flic Flac de Vigo xogan o visto bo do seleccionador Pablo Hinojar e, polo tanto, a súa participación no Mundial de París o próximo mes de xullo.

Luiz Amaral, Andrea Verísimo, Candea Monterde, María Fernández, Desiree Vila, Paula Lago, Gemma Cabaleiro, Naiara Díaz, Belén Gómez, Nerea Otero e Iria Paz son as once ximnastas que xunto a Jorge Méndez e Jael Vázquez partirán mañá a Valencia para conseguir algo que sería histórico na acrobática viguesa. Nunca antes o Club Flic Flac tivera once posibles ximnastas a representar a España nun Campionato do Mundo.