cartel_flic_flacEste sábado 10 de maio, o Club Flic Flac a cargo da empresa MAIS COCIÑA, celebra no Pavillón do Berbés de Vigo o II Torneo Mas Cocina, onde participarán ademais clubs de Orense e Pontevedra. É a máxima participación do Club Flic Flac nun torneo esta tempada, xa que todos os equipos, mesmo os máis pequenos competirán.

Ademais, entre os ximnastas atopan representantes da Selección Española que preparan o próximo mundial de xullo.

É a primeira cita acrobática da tempada, aínda que Vigo será tamén sede do Campionato de España o próximo mes de xuño e o Club Flic Flac celebre a clausura das súas escolas deportivas o próximo 24 de maio.