flic_flac_parisEsta fin de semana celebrouse en París o Campionato do Mundo por idades de Ximnasia Acrobática. A selección española contou con dez representantes galegos entre os 26 ximnastas convocados. Oito deles, do Club Flic Flac de Vigo: Luiz Amaral, Andrea Verísimo, Candea Monterde, Desiree Vila, María Fernández, Belén Gómez, Nerea Otero e Iria Paz. O Club Burgas de Ourense foi representado por Sara Blanco e Yolanda García.

A selección española quedou cun bo sabor de boca tras a competición destes ximnastas de entre 11 e 18 anos.  Aínda que ningún deles conseguiu pasar á final, todos defenderon os seus exercicios deixando a Acrobática Española nun gran nivel dentro do ranking mundial.

A competición foi moi dura para todas as categorías. Finalmente a parella mixta formada por Luis Amaral e Andrea Verísimo realizaron dous bos exercicios e obtiveron un 17ª posto; O trío feminino xuvenil composto por Candea Monterde, Desiree Vila e María Fernández conseguiron unha 19º nunha competición moi disputada. A parella feminina orensana de Sara Branco e Yolanda García quedaron cun bo sabor de boca e un 31º posto; Por último, o trío junior de Nerea Otero, Belén Gómez e Iria Paz, quedaron ás portas da final tras un fallo nun exercicio e cun 18º posto.

O balance é bo, xa que o nivel español se achega ao podio e se asegura que en Galicia temos pequenos ximnastas de talle Mundial.